Servicios
A actividade principal da empresa é a xestión de proxectos, así como a prestación de servicios de asistencia técnica e dirección de obras, abarcando un campo amplio da enxeñería no sector industrial e da construcción, no sector enerxético e medioambiente, e no sector agropecuario e forestal.

Cada proxecto ou encargo é desenrolado por unha unidade de traballo, baixo a responsabilidade do Director de Proxecto que actúa como representante permanente do proxecto ante o cliente.

A magnitude dun proxecto ou encargo condiciona a dedicación dos diversos recursos técnicos e administrativos da empresa. A unidade de traballo asignada a cada encargo ou proxecto está composta normalmente, por un equipo de xestión e polos diferentes grupos das disciplinas técnicas requeridas, que son supervisadas polo correspondente membro de equipo de xestión.